Accesibilidade
A accesibilidade web refírese á posibilidade de acceso a Internet e os seus contidos por parte de todas as persoas, independentemente das discapacidades (físicas, intelectuais ou técnicas) que poidan xurdir, ou das derivadas do contexto de uso (tecnolóxico ou ambiental).
Cando os sitios web son deseñados coa accesibilidade en mente, todos os usuarios poden acceder ao contido en condicións iguais, por exemplo:
- Engadindo un texto alternativo ás imaxes, as persoas con dificultades visuais poden facer uso de lectores especiais para acceder á información.
- Cando os vídeos inclúen subtítulos, os usuarios con problemas auditivos poden entendelos perfectamente.
- Se os contidos se redactan nunha linguaxe sinxela e descritiva, os usuarios con problemas de aprendizaxe teñen máis facilidades para comprendelos.
- Se o usuario ten problemas de mobilidade e de uso co rato, pode usar as axudas na navegación a través do teclado.
Atallos de teclado
Para facilitar a navegación por este sitio web dun xeito accesible, están dispoñibles unha serie de atallos de teclado naquelas seccións de interese xeral nas que se organiza o sitio.
Tecla | Páxina |
---|---|
0 | Inicio |
1 | Debates |
2 | Propostas cidadás |
3 | Votos |
4 | Orzamentos participativos |
5 | Procesos lexislativos |
Dependendo do sistema operativo e do navegador, o atallo de teclado configurase do seguinte xeito:
Navegador | Atallo de teclado |
---|---|
Explorer | ALT + atallo e INTRO |
Firefox | ALT + MAIÚS + atallo |
Chrome | ALT + atallo (CTRL + ALT + atallos en MAC) |
Safari | ALT + atallo (CMD + atallo en MAC) |
Opera | MAIÚS + ESC + atallo |
Tamaño do texto
O deseño accesible deste sitio web permite aos usuario escoller o tamaño do tipo de letra que mellor se lles adapte. Este axuste pode aplicarse de diferentes xeitos dependendo do navegador.
Navegador | Acción a realizar |
---|---|
Explorer | Ver > Tamaño do texto |
Firefox | Ver > Tamaño |
Chrome | Axustes (icon) > Opcións > Avanzado > Contido web > Tamaño letra |
Safari | Ver > Zoom in/Zoom out |
Opera | Ver > escala |
Outro xeito de modificar o tamaño da letra é usar un atallo de teclado propio dos navegadores, por exemplo:
- CTRL e + (CMD e + en MAC) Aumenta o tamaño de letra
- CTRL e - (CMD e - en MAC) Reduce o tamaño do texto
Compatibilidade cos estándares e o deseño visual
Todas as páxinas deste sitio web cumpren coa Guía de Accesibilidade ou os Principios Xerais do Deseño Accesible que son recomendados polo Grupo de Traballo WAI pertencente ao W3C.