Ir ao contido principal

Portal de participación

O recoñecemento estatutario do persoal contratado con cargo ao Capítulo 6

07/01/2025  •  1 comentario  •  marta.garcia.perez

O colectivo que comunmente coñecemos como "do Capítulo 6" ten unha presenza moi relevante na comunidade universitaria. Por iso, o Consello de Goberno e o Claustro Universitario propiciaron a súa representación nos grupos de traballo que están debatendo sobre a adaptación dos Estatutos da UDC á LOSU. Agora toca decidir que recoñecemento queremos dar a ese colectivo nos Estatutos. 

Tanto se formas parte do colectivo, como si non, expresa a túa opinión ao respecto!

100%
0%
Debes iniciar sesión ou rexistrarte para continuares.
4 votos

Dedicación docente e proxectos de interese para a universidade

07/01/2025  •  Sen comentarios  •  marta.garcia.perez

A LOSU recolle que o profesorado funcionario en réxime de dedicación a tempo completo terá asignada á actividade docente un máximo de 240 e un mínimo de 120 horas lectivas por curso académico. A LOSU recolle tamén a posibilidade de modificación desta horquilla de dedicación docente por diversos motivos:

a) corrixir as desigualdades entre mulleres e homes derivadas das responsabilidades do coidado de persoas dependentes;

b) facela compatible co exercicio de cargos unipersoais de goberno e coas tarefas de responsabilidade en proxectos de interese para a universidade na forma en que o determinen os Estatutos;

c) permitir as tarefas do profesorado que represente os intereses dos empregados públicos.

Cando a letra b) alude a "tarefas de responsabilidade en proxectos de interese para a universidade na forma en que o determinen os Estatutos", que debería dispoñerse nos Estatutos?

 

0%
0%
Debes iniciar sesión ou rexistrarte para continuares.
Ningún voto

Escollamos entre todos e todas o modelo de Estatutos que queremos para a UDC

16/11/2024  •  Sen comentarios  •  marta.garcia.perez

Os Estatutos vixentes levan cumprindo a súa función desde que foron aprobados no ano 2004, con algunhas modificacións no 2007. Agora toca renovalos, por mandato da LOSU, e debemos decidir que tipo de estatutos queremos para os próximos anos. Queremos uns estatutos neutros, preferentemente técnicos e de contidos estritamente normativos? Ou queremos que os Estatutos reflexen un determinado modelo de universidade, con determinacións que vaian mais aló do técnico/normativo, para adentrarse no ideolóxico? Que contidos/principios/valores deberían recollerse nos Estatutos?

Opinade sobre o modelo de Estatutos que considerades mais acaído e propoñede contidos/principios/valores que deban aparecer no preámbulo ou nos primeiros artigos.

100%
0%
Debes iniciar sesión ou rexistrarte para continuares.
4 votos

Axuda sobre os debates

Comeza un debate para compartir puntos de vista con outras persoas sobre os temas que te preocupan.

Calquera persoa pode expor temas que lle preocupan e sobre os que queira compartir puntos de vista con outras persoas da comunidade universitaria.

Para abrir un debate é preciso rexistrarse en Portal de participación. As persoas usuarias xa rexistradas tamén poden comentar os debates que estean abertos e valoralos cos botóns de «Estou de acordo» ou «Non estou de acordo».