Ir ao contido principal

Portal de participación

Volver

Dedicación docente e proxectos de interese para a universidade

M marta.garcia.perez  •  07/01/2025  •  3 comentarios  • 

A LOSU recolle que o profesorado funcionario en réxime de dedicación a tempo completo terá asignada á actividade docente un máximo de 240 e un mínimo de 120 horas lectivas por curso académico. A LOSU recolle tamén a posibilidade de modificación desta horquilla de dedicación docente por diversos motivos:

a) corrixir as desigualdades entre mulleres e homes derivadas das responsabilidades do coidado de persoas dependentes;

b) facela compatible co exercicio de cargos unipersoais de goberno e coas tarefas de responsabilidade en proxectos de interese para a universidade na forma en que o determinen os Estatutos;

c) permitir as tarefas do profesorado que represente os intereses dos empregados públicos.

Cando a letra b) alude a "tarefas de responsabilidade en proxectos de interese para a universidade na forma en que o determinen os Estatutos", que debería dispoñerse nos Estatutos?

 

Comentarios (3)

Precisas iniciar sesión ou rexistrarte para comentares.
  • P

    Estou dacordo con Jose na idea de deixalo aberto, as circunstancias económicas determinan o que se pode e non se pode facer. Só recordar que proxectos de interese para a universidade son proxectos de investigación e transferencia pero tamén proxectos de innovación docente. O recoñecemento das boas prácticas docentes debería materializarse adecuadamente nas condicións laborais.

    2 votos  | 
    2
    0
    Sen respostas
    • R

      Entendo que unha das circunstancias a ter en conta para a modificación desta horquilla de dedicación debe ser tamén a de corrixir as desigualdades derivadas da situación do PDI cun grao de discapacidade recoñecida.
      En termos xerais os Estatutos da UDC deberían contemplar a condición de discapacidade de calquera dos colectivos membros da comunidade Universitaria, facilitando a súa inclusión en igualdade de oportunidades e de acordo ás encomendas e responsabilidades de cada colectivo.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
      • J

        Isto pode deixarse como algo aberto a regulación posterior, e así evitar ter que modificar de novo os Estatutos por algunha cousa non prevista (cargo, proxecto, carga de traballo, etc.). De feito, unha das funcións do Consello de Goberno, segundo a LOSU, é (Artículo 46.2.b): "Fijar las directrices fundamentales y los procedimientos de aplicación de todas las políticas de la universidad". Nos Estatutos podería poñerse algo así no artigo da dedicación (se o haber): "A Universidade poderá regular mediante a aprobación da correspondente normativa polo Consello de Goberno a modificación da horquilla de dedicación docente do profesorado funcionario en réxime de dedicación a tempo completo que exerza cargos unipersoais de goberno ou tarefas de responsabilidade en proxectos de interese para a institución". E, se cadra, poñelo tamén como unha das funcións específicas do Consello de Goberno da UDC.

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas