Ir ao contido principal

Portal de participación

Volver

Escollamos entre todos e todas o modelo de Estatutos que queremos para a UDC

M marta.garcia.perez  •  16/11/2024  •  5 comentarios  • 

Os Estatutos vixentes levan cumprindo a súa función desde que foron aprobados no ano 2004, con algunhas modificacións no 2007. Agora toca renovalos, por mandato da LOSU, e debemos decidir que tipo de estatutos queremos para os próximos anos. Queremos uns estatutos neutros, preferentemente técnicos e de contidos estritamente normativos? Ou queremos que os Estatutos reflexen un determinado modelo de universidade, con determinacións que vaian mais aló do técnico/normativo, para adentrarse no ideolóxico? Que contidos/principios/valores deberían recollerse nos Estatutos?

Opinade sobre o modelo de Estatutos que considerades mais acaído e propoñede contidos/principios/valores que deban aparecer no preámbulo ou nos primeiros artigos.

Comentarios (5)

Precisas iniciar sesión ou rexistrarte para comentares.
  • E

    Penso que hai varios aspectos «non técnicos» que si teñen que ter cabida nos estatutos dunha universidade pública, como pode ser, precisamente, a aposta por unha universidade pública de calidade, explicitando valores éticos coma o compromiso coa promoción da diversidade, a igualdade e respecto entre persoas (xénero, raza, relixión, etc.), a liberdade de pensamento e a inclusión de persoas con discapacidade.

    4 votos  | 
    4
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • J

      Prácticamente todo o que mencionas xa está contemplado na lexislación de rango superior. Así a todo, pode poñerse nun preámbulo. Mais ollo coa redacción.

      1 voto  | 
      1
      0
      Sen respostas
    • J

      O primeiro sería definir "ideoloxía" neste caso. O segundo, non creo que unha "ideoloxía" en particular deba aparecer nuns Estatutos, alén das ideas que recolle a lexislación de rango superior, nomeadamente a Constitución Española, que, por certo, di no seu artigo 16.1: "Artículo 16. 1. Se garantiza la libertad ideológica, religiosa y de culto de los individuos y las comunidades sin más limitación, en sus manifestaciones, que la necesaria para el mantenimiento del orden público protegido por la ley.". Se a Universidade constitúe unha "comunidade", non debería fixarse a ideoloxía ou as ideas desa comunidade, que poden mudar co tempo. As ideoloxías adoitan ser un conxunto de ideas pechado, no que non cabe o debate e a disensión, non cabe a mudanza dunha idea en particular, pódeche obrigar a aceptar todo o "pack". Isto é contrario á propia esencia da Universidade coma vangarda da sociedade e lugar onde debatermos libremente as ideas. Sei que soa naíf, mais é o que penso.

      4 votos  | 
      4
      0
      Sen respostas
      • A

        Eu penso que os Estatutos deben ser o suficientemente amplos como para poder regular o funcionamento da Universidade mediante normas específicas que poidan mudar segundo as circunstancias. Teñen que durar anos. Non sería boa idea restrinxir ou canalizar ou regular demasiado neles para despois atoparnos con que impiden o desenvolvemento dalgún aspecto novo ou non previsto.

        Ningún voto  | 
        0
        0
        1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
        • E

          Creo que dada a situación xeopolítica que se nos ven encima e a ola que está a poñer en dúbida os dereitos máis básicos incluso a nivel internacional, é fundamental que as universidades sexan as primeiras en garantir todos eses dereitos que agora damos por feitos e que nos parecen de carácter técnico.
          As universidades teñen sido historicamente un elemento imprescindible de avance social de crítica e de mirar cara un futuro mellor e máis humano. Penso que serán imprescindibles nesa tarefa para os vindeiros anos nos que a crítica e os avances sociais consagrados actualmente en leis se poidan poñer en dúbida.

          Ningún voto  | 
          0
          0
          Sen respostas