Ir ao contido principal

Portal de participación

Volver

O recoñecemento estatutario do persoal contratado con cargo ao Capítulo 6

M marta.garcia.perez  •  07/01/2025  •  4 comentarios  • 

O colectivo que comunmente coñecemos como "do Capítulo 6" ten unha presenza moi relevante na comunidade universitaria. Por iso, o Consello de Goberno e o Claustro Universitario propiciaron a súa representación nos grupos de traballo que están debatendo sobre a adaptación dos Estatutos da UDC á LOSU. Agora toca decidir que recoñecemento queremos dar a ese colectivo nos Estatutos. 

Tanto se formas parte do colectivo, como si non, expresa a túa opinión ao respecto!

Comentarios (4)

Precisas iniciar sesión ou rexistrarte para comentares.
  • W

    Os membros do Capítulo VI deben estar presentes nos novos Estatutos Universitarios, non debería haber dúbida. Unha solución podería ser incluír aos membros do Capítulo VI nun novo epígrafe e diferenciar nel as persoas que fan tarefas de xestión e/ou administración e as persoas que realizan labores de investigación.

    6 votos  | 
    6
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • A

      Estou totalmente dacordo, somos 500 persoas nese colectivo, unha porcentaxe grande do persoal da Universidade. Creo que é o momento de definir de forma clara as nosas condicións laborales e o noso papel na UDC, que son diversos e descoñecidos en moitos casos. Agradecemos á toda a comunidade universitaria o voso apoio tan valioso.

      3 votos  | 
      3
      0
      Sen respostas
    • J

      O recoñecemento do persoal do capítulo 6 nos Estatutos é xusto e necesario. Así a todo, como non coñezo ben a súa problemática, téñome que desadmitir de facer propostas concretas.

      2 votos  | 
      2
      0
      Sen respostas
      • S

        O persoal contratado con cargo ao Capítulo VI realiza funcións moi heteroxéneas: hai persoal que leva a cabo tarefas de xestión, outros que se dedican á investigación con cargo a un proxecto concreto, e outros que realizan tarefas de investigación e tamén imparten docencia en POD. En relación con estes últimos, os Estatutos da UDC deberían garantirlles os mesmos dereitos que ten o PDI laboral, pois, de feito, realizan as mesmas tarefas que estes, coa única diferencia de que a financiación duns provén do Capítulo VI a dos outros do Capítulo I. Por poñer un exemplo, na actualidade, con independencia do tempo que leven investigando e impartindo docencia na UDC, o persoal contratado con cargo ao Capítulo VI non pode solicitar sexenios, nin quinquenios, co consecuente prexuízo, non só para o seu salario, senón tamén para o recoñecemento de méritos na súa carreira docente e investigadora.

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas