Ir ao contido principal

Portal de participación

Volver

Escollamos entre todos e todas o modelo de Estatutos que queremos para a UDC

M marta.garcia.perez  •  16/11/2024  •  3 comentarios  • 

Os Estatutos vixentes levan cumprindo a súa función desde que foron aprobados no ano 2004, con algunhas modificacións no 2007. Agora toca renovalos, por mandato da LOSU, e debemos decidir que tipo de estatutos queremos para os próximos anos. Queremos uns estatutos neutros, preferentemente técnicos e de contidos estritamente normativos? Ou queremos que os Estatutos reflexen un determinado modelo de universidade, con determinacións que vaian mais aló do técnico/normativo, para adentrarse no ideolóxico? Que contidos/principios/valores deberían recollerse nos Estatutos?

Opinade sobre o modelo de Estatutos que considerades mais acaído e propoñede contidos/principios/valores que deban aparecer no preámbulo ou nos primeiros artigos.

Comentarios (3)

Precisas iniciar sesión ou rexistrarte para comentares.
  • J

    O primeiro sería definir "ideoloxía" neste caso. O segundo, non creo que unha "ideoloxía" en particular deba aparecer nuns Estatutos, alén das ideas que recolle a lexislación de rango superior, nomeadamente a Constitución Española, que, por certo, di no seu artigo 16.1: "Artículo 16. 1. Se garantiza la libertad ideológica, religiosa y de culto de los individuos y las comunidades sin más limitación, en sus manifestaciones, que la necesaria para el mantenimiento del orden público protegido por la ley.". Se a Universidade constitúe unha "comunidade", non debería fixarse a ideoloxía ou as ideas desa comunidade, que poden mudar co tempo. As ideoloxías adoitan ser un conxunto de ideas pechado, no que non cabe o debate e a disensión, non cabe a mudanza dunha idea en particular, pódeche obrigar a aceptar todo o "pack". Isto é contrario á propia esencia da Universidade coma vangarda da sociedade e lugar onde debatermos libremente as ideas. Sei que soa naíf, mais é o que penso.

    3 votos  | 
    3
    0
    Sen respostas
    • E

      Penso que hai varios aspectos «non técnicos» que si teñen que ter cabida nos estatutos dunha universidade pública, como pode ser, precisamente, a aposta por unha universidade pública de calidade, explicitando valores éticos coma o compromiso coa promoción da diversidade, a igualdade e respecto entre persoas (xénero, raza, relixión, etc.), a liberdade de pensamento e a inclusión de persoas con discapacidade.

      1 voto  | 
      1
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
      • J

        Prácticamente todo o que mencionas xa está contemplado na lexislación de rango superior. Así a todo, pode poñerse nun preámbulo. Mais ollo coa redacción.

        1 voto  | 
        1
        0
        Sen respostas