Volver
O recoñecemento estatutario do persoal contratado con cargo ao Capítulo 6
O colectivo que comunmente coñecemos como "do Capítulo 6" ten unha presenza moi relevante na comunidade universitaria. Por iso, o Consello de Goberno e o Claustro Universitario propiciaron a súa representación nos grupos de traballo que están debatendo sobre a adaptación dos Estatutos da UDC á LOSU. Agora toca decidir que recoñecemento queremos dar a ese colectivo nos Estatutos.
Tanto se formas parte do colectivo, como si non, expresa a túa opinión ao respecto!
Comentarios (4)
Precisas iniciar sesión ou rexistrarte para comentares.
Os membros do Capítulo VI deben estar presentes nos novos Estatutos Universitarios, non debería haber dúbida. Unha solución podería ser incluír aos membros do Capítulo VI nun novo epígrafe e diferenciar nel as persoas que fan tarefas de xestión e/ou administración e as persoas que realizan labores de investigación.
Estou totalmente dacordo, somos 500 persoas nese colectivo, unha porcentaxe grande do persoal da Universidade. Creo que é o momento de definir de forma clara as nosas condicións laborales e o noso papel na UDC, que son diversos e descoñecidos en moitos casos. Agradecemos á toda a comunidade universitaria o voso apoio tan valioso.
O recoñecemento do persoal do capítulo 6 nos Estatutos é xusto e necesario. Así a todo, como non coñezo ben a súa problemática, téñome que desadmitir de facer propostas concretas.
O persoal contratado con cargo ao Capítulo VI realiza funcións moi heteroxéneas: hai persoal que leva a cabo tarefas de xestión, outros que se dedican á investigación con cargo a un proxecto concreto, e outros que realizan tarefas de investigación e tamén imparten docencia en POD. En relación con estes últimos, os Estatutos da UDC deberían garantirlles os mesmos dereitos que ten o PDI laboral, pois, de feito, realizan as mesmas tarefas que estes, coa única diferencia de que a financiación duns provén do Capítulo VI a dos outros do Capítulo I. Por poñer un exemplo, na actualidade, con independencia do tempo que leven investigando e impartindo docencia na UDC, o persoal contratado con cargo ao Capítulo VI non pode solicitar sexenios, nin quinquenios, co consecuente prexuízo, non só para o seu salario, senón tamén para o recoñecemento de méritos na súa carreira docente e investigadora.