Dedicación docente e proxectos de interese para a universidade
A LOSU recolle que o profesorado funcionario en réxime de dedicación a tempo completo terá asignada á actividade docente un máximo de 240 e un mínimo de 120 horas lectivas por curso académico. A LOSU recolle tamén a posibilidade de modificación desta horquilla de dedicación docente por diversos motivos:
a) corrixir as desigualdades entre mulleres e homes derivadas das responsabilidades do coidado de persoas dependentes;
b) facela compatible co exercicio de cargos unipersoais de goberno e coas tarefas de responsabilidade en proxectos de interese para a universidade na forma en que o determinen os Estatutos;
c) permitir as tarefas do profesorado que represente os intereses dos empregados públicos.
Cando a letra b) alude a "tarefas de responsabilidade en proxectos de interese para a universidade na forma en que o determinen os Estatutos", que debería dispoñerse nos Estatutos?
Estou dacordo con Jose na idea de deixalo aberto, as circunstancias económicas determinan o que se pode e non se pode facer. Só recordar que proxectos de interese para a universidade son proxectos de investigación e transferencia pero tamén proxectos de innovación docente. O recoñecemento das boas prácticas docentes debería materializarse adecuadamente nas condicións laborais.
Isto pode deixarse como algo aberto a regulación posterior, e así evitar ter que modificar de novo os Estatutos por algunha cousa non prevista (cargo, proxecto, carga de traballo, etc.). De feito, unha das funcións do Consello de Goberno, segundo a LOSU, é (Artículo 46.2.b): "Fijar las directrices fundamentales y los procedimientos de aplicación de todas las políticas de la universidad". Nos Estatutos podería poñerse algo así no artigo da dedicación (se o haber): "A Universidade poderá regular mediante a aprobación da correspondente normativa polo Consello de Goberno a modificación da horquilla de dedicación docente do profesorado funcionario en réxime de dedicación a tempo completo que exerza cargos unipersoais de goberno ou tarefas de responsabilidade en proxectos de interese para a institución". E, se cadra, poñelo tamén como unha das funcións específicas do Consello de Goberno da UDC.