Ir ao contido principal

Máis información

1. Tipos de persoas usuarias e permisos

  • Usuaria rexistrada da UDC: as persoas usuarias que se rexistran co seu “usuario UDC” e a contrasinal da UDC terán todos os permisos habilitados: poderán xerar debates e votar, crear propostas e votar, e engadir comentarios. 
  • Usuaria rexistrada: as persoas que se rexistren como persoas usuarias pero sen utilizar o “usuario UDC” non poden votar nos debates nin crear propostas.
  • Usuaria anónima: calquera persoa poderá acceder ao portal e visualizar os debates e as propostas.

2. Mecanismos de participación

a) Debates

Calquera persoa usuaria rexistrada pode comezar un debate sobre un tema relacionado coa universidade. Todos os debates publícanse no portal. 

Sobre cada debate pódense realizar as seguintes accións:

  • Votar positivamente (este voto pódese cambiar)
  • Votar negativamente (este voto pódese cambiar)
  • Compartir o debate nas redes sociais
  • Engadir comentarios 
  • Marcar un debate como non apropiado. 

Na páxina de debates figurarán todos os debates creados na plataforma, que se poderán ordenar en función de diversos criterios (polo número de comentarios, pola data de creación...).

b) Propostas

A ferramenta de "propostas" habilitarase cando a plataforma estea implantada e consolidada na comunidade universitaria como canle de participación.

Nese momento, calquera persoa usuaria rexistrada como “usuario UDC” poderá crear e apoiar propostas. As propostas mais votadas serán elevadas aos órganos competentes para a súa consideración. 

As accións que se poden facer sobre as propostas son:

  • Apoiar a proposta (esta acción non se pode desfacer)
  • Compartir unha proposta nas redes sociais
  • Engadir comentarios 

c) Comentarios

É posible comentar tanto nos debates coma nas propostas. Todas as persoas usuarias rexistradas poden realizar comentarios. Sobre os comentarios é posible:

  • Votar positivamente (este voto pódese cambiar)
  • Votar negativamente (este voto pódese cambiar)
  • Responder aos comentarios 
  • Marcar un comentario como non apropiado. 

3. Recomendacións

Non escribas o título da proposta ou do debate, nin frases enteiras en maiúsculas. En internet iso considérase gritar. E a ninguén lle gusta que lle griten.

Calquera debate ou comentario que implique unha acción ilegal será eliminado, tamén os que teñan a intención de sabotear os espazos de debate. Todo o demais está permitido.

As críticas son moi benvidas. Este é un espazo de pensamento. Pero trata de exercer a crítica con elegancia e intelixencia. O mundo é mellor con elas presentes.

Goza con este espazo coas voces que o enchen. Tamén é teu

4. Software Libre

Este portal usa a aplicación Consul, aplicación de participación cidadá de software libre, liberada polo concello de Madrid. Podes ver o código fonte do fork do proxecto creado para a UDC no repositorio da CIXUG.

A aplicación é software libre, con licencia AGPLv3, calquera pode empregar, copiar, ver, modificar, e redistribuír o seu código fonte coas modificacións que queira (mantendo que outros poidan facer o mesmo). Consideramos que a cultura é mellor e máis libre así.

Animámoste a que colabores connosco para melloralo, que o descargues para velo ou que o redistribúas se así o desexas

5. Contacto

Para calquera consulta ou suxerencia sobre este portal de Participación podes contactar á dirección de correo electrónico vee@udc.gal