Ir ao contido principal

Portal de participación

Volver

11 Cidades e Comunidades Sostibles

O mundo cada vez está máis urbanizado. Desde 2007, máis da metade da poboación mundial está vivindo en cidades, e agárdase que dita cantidade aumente ata o 60 % para 2030.

As cidades e as áreas metropolitanas son centros neurálxicos do crecemento económico, xa que contribúen ao 60 % aproximadamente do PIB mundial. Sen embargo, tamén representan arredor do 70 % das emisións de carbono mundiais e máis do 60 % do uso de recursos.

A rápida urbanización está dando como resultado un número crecente de habitantes en barrios pobres, infraestruturas e servizos inadecuados e sobrecargados (como a recollida de residuos e os sistemas de auga e saneamento, estradas e transporte), o cal está empeorando a contaminación do aire e o crecemento urbano incontrolado.

O impacto da COVID-19 será máis devastador nas zonas urbanas pobres e densamente poboadas, especialmente para o mil millón de persoas que vive en asentamentos informais e en barrios marxinais en todo o mundo, onde a masificación tamén dificulta cumprir coas medidas recomendadas, como o distanciamento social e o autoaislamento.

O organismo das Nacións Unidas para os alimentos, a FAO, advertiu de que a fame e as mortes poderían aumentar de maneira significativa nas zonas urbanas que non contan con medidas para garantir que os residentes pobres e vulnerables teñan acceso a alimentos.

11.1
De aquí a 2030, asegurar o acceso de tódalas persoas a vivendas e servizos básicos axeitados, seguros e alcanzables e mellorar os barrios marxinais.
11.2
De aquí a 2030, proporcionar acceso a sistemas de transporte seguros, alcanzables, accesibles e sostibles para todos e mellorar a seguridade viaria, en particular mediante a ampliación do transporte público, prestando especial atención ás necesidades das persoas en situación de vulnerabilidade, as mulleres, os nenos, as persoas con discapacidade e as persoas de idade.
11.3
De aquí a 2030, aumentar a urbanización inclusiva e sostible e a capacidade para a planificación e a xestión participativas, integradas e sostibles dos asentamentos humanos en todos os países.
11.4
Redobrar os esforzos para protexer e salvagardar o patrimonio cultural e natural do mundo.
11.5
De aquí a 2030, reducir significativamente o número de mortes causadas polos desastres, incluídos os relacionados coa auga, e de persoas afectadas por eles, e reducir considerablemente as perdas económicas directas provocadas polos desastres en comparación co produto interno bruto mundial, facendo especial fincapé na protección dos pobres e as persoas en situacións de vulnerabilidade.
11.6
De aquí a 2030, reducir o impacto ambiental negativo per cápita das cidades, incluso prestando especial atención á calidade do aire e a xestión dos residuos municipais e doutro tipo.
11.7
De aquí a 2030, proporcionar acceso universal a zonas verdes e espazos públicos seguros, inclusivos e accesibles, en particular para as mulleres e os nenos, as persoas de idade e as persoas con discapacidade.
11.A
Apoiar os vínculos económicos, sociais e ambientais positivos entre as zonas urbanas, periurbanas e rurais fortalecendo a planificación do desenvolvemento nacional e rexional.
11.B
De aquí a 2020, aumentar considerablemente o número de cidades e asentamentos humanos que adoptan e implementan políticas e plans integrados para promover a inclusión, o uso eficiente dos recursos, a mitigación do cambio climático e a adaptación a el e a resiliencia ante os desastres, e desenvolver e poñer en práctica, en consonancia con o Marco de Sendai para a Redución do Risco de Desastres 2015-2030, a xestión integral dos riscos de desastre a todos os niveles.
11.C
Proporcionar apoio aos países menos adiantados, incluso mediante asistencia financeira e técnica, para que poidan construír edificios sostibles e resilientes utilizando materiais locais.
11.2.1
Title for locale gl
11.2.2
Title for locale gl
11.2.3
Title for locale gl
11.3.1
Title for locale gl
11.3.2
Title for locale gl
11.5.1
Title for locale gl
11.5.2
Title for locale gl
11.5.3
Title for locale gl
11.C.1
Title for locale gl
11.C.2
Title for locale gl