Ir ao contido principal

Portal de participación

Volver

Sobre a redución dos límites de almacenamento en Microsoft 365

D Daniel Feito Pin  •  18/03/2025  •  15 comentarios  • 

Hoxe comunicouse nas listas de correo a seguinte mensaxe: --- [AVISO: Actualización sobre os límites de almacenamento en Microsoft 365]

Co obxectivo de optimizar os recursos dixitais da universidade, a partir de finais de xuño aplicaranse novos límites de almacenamento en Microsoft 365. Estes cambios permitirán unha mellor xestión do espazo dispoñible e un uso máis eficiente dos servizos.

Os novos límites son:

  • Correo electrónico: 5 GB

  • OneDrive: 50 GB

Se o teu almacenamento en OneDrive supera os 50 GB, disporás do que resta deste curso 2024/25 para reorganizar e reducir os teus arquivos. A partir do curso 2025/26, o novo límite aplicarase de forma definitiva. --- Isto supón unha decremento enorme das capacidades de almacenamento (de 5 TB a 50 GB se non lembro mal) que perxudica enormemente aos estudantes (e demáis membros da comunidade universitaria) que necesitan almacenar os seus ficheiros dos seus estudos. Non só os "lixeiros" PDFs dos apuntes e as diapositivas de clase, tamén os arquivos multimedia, modelos 3D, imaxes de sistemas operativos e demais datos pesados necesarios nos distintos estudos. Abro este debate para dar a coñecer a preocupación existente ante esta brusca limitación dos recursos dispoñibles.

Comentarios (15)

Precisas iniciar sesión ou rexistrarte para comentares.
  • D

    En informática non son poucas as veces nas que para proxectos temos que compartir varios arquivos con configuración de varias máquinas virtuais, pesando estes varios GB. A suba disto non só é necesaria para facilitar o acceso a compañeiros do grupo de traballo, senón que en moitos casos, tamén é un requerimento das materias para avaliar a correcta configuración dos sistemas, polos profesores da materia.

    Para poñer en perspectiva a situación, neste ano académico unha materia esixiu a entrega dun arquivo de 48 GB aproximadamente. Isto quere dicir que a práctica totalidade do almacenamento foi ocupado SÓ por un arquivo, ao que aínda habería que sumar ficheiros doutras materias.

    50 GB é simplemente moi pouco para os requerimentos académicos de moitas titulacións. Intentade considerar límites distintos por título académico ou por roles do persoal e estudantes.

    11 votos  | 
    11
    0
    Sen respostas
    • S

      Un USB barato dos chinos, como mínimo, ten 64/128 GB de memoria (que tampouco chegarían para nada), e a excelentísima UDC ofrécenos 50 GB ?ಠಿ⁠_⁠ಠ

      7 votos  | 
      7
      0
      Sen respostas
      • L

        Indignante

        6 votos  | 
        6
        0
        Sen respostas
        • A

          Si bien es cierto que 5 TB es bastante almacenamiento, incluso después del primer recorte de 10TB, la nueva cantidad apenas tiene utilidad para una gran parte de los estudiantes. Entre los archivos guardados a lo largo de la carrera y máquinas virtuales que fácilmente pueden superar los 100GB cada una, no es factible tener tan poco espacio.

          Se puede entender que por planes solicitados a Microsoft por parte de la universidad, considerando la cantidad de estudiantes que hay actualmente, se requiera un recorte en gastos, pero debería haber una cantidad mínima lógica.

          5 votos  | 
          5
          0
          Sen respostas